Rúa Dos Pazos, 106 Nigran 36350 - Pontevedra España
Teléfono : +34 986 365 345 Fax : +34 986 366 482
info@grupofigueiro.com

Bloques
Poste Cerramento
Bovedillas
Forxado In-Situ
Encofrado Ventilado
Viguetas
Muro Móbil
Muro Prefabricado
Paneles Prefabricados
Correa Pretensada
Ferralla
Malla Electrosolada
Aislamento
Tubos pra Encofrar
Pranchas Ceramicas
Chapas Para Cubertas
Varios
    
    

Figueiro Forjados naceu en 1965 cando Juan Figueiró Alonso volta de Venezuela. Xunto cun socio contratista que coñecía o mercado, Juan Figueiró Alonso comenza a actividade empresarial orixen das actuais actividades empresariais da familia.

Inicialmente, ademáis de bloques e bovedillas fabricabanse postes e arillos de pozo. Toda a actividade realizábase de forma manual.

A comezos dos anos 70 e por diferenzas na visión empresarial D. Juan Figueiró Alonso sepárase do seu socio e continúa en solitario.

Dende entón até hoxe, Figueiró Forjados foi a base das actuais actividades empresariais da familia Figueiró Garrido que inclúen, unha empresa en Portugal (Prenorte) que realiza paneis prefabricados para cerramentos de naves industriais, e unha incipiente actividade promotora.

O esforzo inicial de D. Juan Figueiró foi acompañado pola súa esposa Rosa quen, desde comezos dos anos 80 traballa na empresa familiar, e polos seus fillos que progresivamente se incorporaron á mesma.

Actualmente a segunda xeración da familia está á fronte da empresa e o seu esforzo e inquietude contribuirán á continuidade e éxito da empresa familiar.


Rúa Dos Pazos, 106    Nigran 36350 - Pontevedra    España
Teléfono : +34 986 365 345    Fax : +34 986 366 482
info@grupofigueiro.com
Proxecto Financiado:
Aviso legal
Créditos